Blog de Cooperativa da Capela

8 Junio 2009

O Presidente da Deputación da Coruña participou na presentación de “Receitas con requeixo”

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , , , , — miguel @ 17:48

A presentación do libro “Receitas con requeixo” realizouse hoxe nas instalacións da Cooperativa Campo Capela, con presenza de numerosos socios e autores de receitas. Para o acto contamos coa asistencia do Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que se declarou partidario do requeixo de A Capela sen máis engadido que un pouco de azucre.

Na presentación tamén participaron o Alcalde de A Capela, Ángel López Sueiro, a Presidenta da Cooperativa, Manuela Permuy, e o coordinador do libro, o xornalista e escritor gastronómico Miguel Vila.

Tódolos autores de receitas participantes no libro recibiron un diploma acreditativo.

Ao remate do acto serviuse un viño acompañado de petiscos elaborados con produtos da Cooperativa.

Foto: www.dicoruna.es

7 Junio 2009

O libro de receitas atrae a atención das principais webs gastronómicas galegas

Archivado en: Na rede — Etiquetas:, , , , , , , — miguel @ 18:55

Dúas das principais webs gastronómicas do país, Galicia Gastronómica (do grupo do xornal lucense El Progreso) e Vigo Gastronómico, recollen hoxe ampla información sobre a presentación do libro “Receitas con requeixo” e a presentación que terá lugar hoxe na sede da Cooperativa.

1 Junio 2009

“Receitas con requeixo” un libro imprescindible

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , — miguel @ 17:36

Receitas con requeixo“, o libro editado pola Cooperativa Campo Capela, recolle 32 receitas nas que o requeixo é un dos ingredientes fundamentais, ofrecendo unha ampla selección de receitas doces e salgadas, ademais do uso tradicional do mesmo.

No libro teñen cabida receitas de grandes chefs galegos, como Beatriz Sotelo, gañadora do concurso Cocinero del Año, celebrado en Barcelona en 2008, ou Pedro Roca, propietario e chef do restaurante que leva o seu mesmo nome, un dos de máis prestixio de Santiago de Compostela.

O libro inclúe tamén unha selección de receitas de tódolos restaurantes existentes no termo municipal de A Capela, incluídas as casas de turismo rural e a panadería, que tamén emprega o requeixo nas súas elaboracións.

Finalmente, “Receitas con requeixo” recolle un bo número de receitas de particulares, presentadas nas tres primeiras edicións do concurso de receitas con requeixo que cada ano ten lugar na Capela, e que este ano chegará á súa cuarta edición.

Gestionado con WordPress