Campo capela ofreceu os días 20 e 21 de novembro unha degustación de requeixo para os clientes do Centro Comercial Compostela (Hipercor), de Santiago de Compostela.
A nova apareceu reflectida no diario local, El Correo Gallego, na súa edición do 22 de novembro.
Os días 20 e 21 de novembro a Cooperativa Campo Capela ofrecerá unha degustación de requeixo tanto aos coñecedores do produto como a aqueles que aínda non tiveron ocasión de probalo nunca.
Será nas instalacións de Hipercor, en Santiago de Compostela, en horario de 11,30 a 14,30 pola mañá e entre as 18:30 e as 20:00 pola tarde.
Tamén haberá degustacións no Supercor de Pontevedra (28 de novembro), Supercor Casa del Agua (5 de decembro) e Supercor Ferrol (19 de decembro)
Autor: Pedro Roca. Restaurante Pedro Roca (Santiago de Compostela)
Ingredientes:
800 gramos de requeixo da Capela
500 gramos de pasta Kataif
50 gramos de manteiga de A Capela derretida
100 gramos de pistachos pelados e torrados
2 claras montadas a punto de neve
150 gramos de azucre
2 decilitros de auga
a pel dunha laranxa
2 culleradas de auga de azahar
follas de hortelá
azucre glasé
Preparación
Desfacer a madeixa de pasta kataif procurando non romper os fíos. Mesturar coa manteiga derretida e forrar un molde ou unha bandexa que despois se poida levar á mesa coa metade da pasta estirándoa ben e tapando o fondo.
Montar lixeiramente o requeixo e incorporarlle as claras montadas. Depositar a mestura sobre a pasta do molde e cubrila coa outra metade de pasta kataif, encerrando totalmente a mestura de requeixo e claras.
Meter no forno quente a 200º ata que estea dourada.
Mentres facer un xarope co azucre, a auga, a pel de laranxa e a auga de azahar.
Montaxe
Unha vez sacada a kinafa do forno móllase co xarope, poñense os pistachos encima, espolvorease con azucre glasé e decórase cunhas follas de hortelá.