A nova da presenza do requeixo da Capela no Forum Gastronómico Santiago 2010 foi recollida por diversos medios de comunicación escritos e radiofónicos. Hoxe podemos ofrecer enlaces coas novas publicadas en La Voz de Galicia, a web da Cope, Galicia Gastronómica, La Region ou Galicia Hoxe.
16 Febrero 2010
O requeixo da Capela, no Forum e nos medios de comunicación
24 Noviembre 2009
O requeixo de Campo Capela, en El Correo Gallego
1 Octubre 2009
Campo Capela, na revista Origen
O número de setembro da revista Origen, editada en Madrid e dedicada aos produtos con denominación de orixe ou de especial calidade, dedica un amplo reportaxe á comarca do Eume e as súas producións, entre as que destaca os produtos da Cooperativa Campo Capela.
A reportaxe completa pódese ler de balde na web da revista.
4 Septiembre 2009
A Festa do Requeixo, protagonista nos medios de comunicación
Os medios de comunicación galegos prestaron ampla atención á Festa do Requeixo da Capela, que tivo lugar o pasado domingo 30 de agosto.
Previamente Radio Voz emitiu en directo o Concurso de Receitas con Requeixo, que tivo lugar o venres 28 e do que deu boa conta La Voz de Galicia, xornal que tamén se fixo eco da Festa.
Diario de Ferrol levou de maneira destacada o éxito da festa á portada da edición do día 31 de agosto, e ata webs especializadas en maquinaria, como Tractor Galicia, se fixeron eco da mesma.
As emisoras de radio e televisión da comarca estiveron presentes na Festa e aproveitaron para facer diversas entrevistas aos seus protagonistas.
27 Agosto 2009
La Voz de Galicia faise eco das demandas da Cooperativa
O xornal La Voz de Galicia faise eco hoxe da demanda da Cooperativa da Capela para que o requeixo sexa oficialmente considerado como unha variedade máis de queixo e reciba o trato que lle corresponde por parte da administración, xa que dous anos despois de que se iniciasen os trámites ante a Xunta de Galicia non se recibiu ningunha resposta da mesma.
A información pódese ler completa na web do xornal.