Blog de Cooperativa da Capela

28 Agosto 2010

Quinta edición do concurso de Receitas con Requeixo

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , , , , — miguel @ 15:58

premio-doce-tarta-froitasA quinta edición do concurso de Receitas con Requeixo de A Capela celebrouse o 27 de agosto, co seguinte resultado:

Receitas doces

1º premio; Santiago Fernández  cunha tarta de froitas e requeixo

2º premio: Marta Soto cunha tarta de peras e requeixo

Receitas salgadas

1º premio: Marta Soto cun pastel de verduras

2º premio: Rocio Permuy cun cabaciño recheo de requeixo

O xurado estivo composto por Tomás Alonsom, presentador do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, Manuela Permuy, presidenta da Cooperativa da Capela, Final Casal, do restaurante A Palma no que tivo lugar o concurso, e Ángeles, da panadería Vilar de Mouros.

Nas fotografías, o prato que conseguiu o primeiro premio na categoría de doces e os premiados en ambas categorías en compañía de Tomás Alonso.

entrega-salgados

entrega-1-premio

31 Marzo 2010

Pizza de requeixo da Capela, espinacas e piñóns

Archivado en: Na rede — Etiquetas:, , , , , , , — miguel @ 11:05

O blog La cocina delokos, un dos referentes en España en canto a cociña vexetariana, publica unha estupenda receita de pizza de requeixo, espinacas e piñóns elaborada con requeixo da Capela, tal como indica o autor, que noutro post do mesmo blog fala do noso requeixo, afirmando; “En fin, un producto estupendo, típico gallego, cuasi artesanal y con sabor auténtico.”

Foto: La cocina delokos

20 Marzo 2010

Imáxenes do Forum Gastronómico

O requeixo da Capela estivo no Forum Gastronómico Santiago 2010, no que tivo protagonismo tanto no stand da Cooperativa como na ponencia de Alfonso García, de Casa Pendás, e no taller de Beatriz Sotelo, de A Estación, que cociñaron co noso requeixo.

De seguido amosamos algunhas das imaxenes da nosa presenza no Forum.

Visita do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, ao stand da Cooperativa

Alfonso García (Casa Pendás) traballando co requeixo da Capela en presenza de Tomás Alonso, do programa “Larpeiros” da TVG.

Os platos elaborados por Alfonso García

Beatriz Soltelo (centro), Ana Vence, da Cooperativa da Capela (esquerda) e o sumiller e catador Luís Paadín (dereita)

Beatriz Sotelo (restaurante A Estación) en plena elaboración.

E os platos de Beatriz Sotelo

16 Febrero 2010

O requeixo da Capela, no Forum e nos medios de comunicación

Archivado en: Na prensa — Etiquetas:, , , — miguel @ 11:11

recorte-voz-capelaA nova da presenza do requeixo da Capela no Forum Gastronómico Santiago 2010 foi recollida por diversos medios de comunicación escritos e radiofónicos. Hoxe podemos ofrecer enlaces coas novas publicadas en La Voz de Galicia, a web da Cope, Galicia Gastronómica, La Region ou Galicia Hoxe.

15 Febrero 2010

O REQUEIXO DE A CAPELA, PROTAGONISTA NO FORUM GASTRONÓMICO

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , , — miguel @ 11:06
  • Beatriz Sotelo realizará un taller con degustación sobre “O requeixo na cociña de hoxe” no que empregará requeixo de A Capela
  • O noso produto tamén estará na presente na ponencia de Alfonso González, de casa Pendás
  • O domingo haberá unha degustación no espazo da Consellería de medio RuralO requeixo da Capela tamén estará entre os produtos do Eume que protagonicen o taller Comarca do Eume, naturaleza, patrimonio e gastronomía

O requeixo da Cooperativa da Capela terá un protagonismo especial no Forum Gastronómico que se celebra en Santiago de Compostela do 20 ao 24 de febreiro, co degustacións, demostracións de elaboración de pratos con requeixo e a súa inclusión entre os produtos que se van empregar nunha das ponencias do congreso profesional que se desenvolve no marco do Forum.

O día 21 de febreiro, ás seis da tarde, haberá unha degustación de requeixo da Capela no marco do espazo da Consellería de Medio Rural. Trátase dunha actividade aberta ao público, posto que este día o Forum Gastronómico abre as súas portas a todo aquel que desexe participar no mesmo.

O mesmo día 21 o requeixo da Capela estará entre os produtos da comarca do Eume que protagonizarán o taller “Comarca do Eume, naturaleza, patrimonio e gastronomía”.

Xa no marco do Congreso profesional, que reunirá aos mellores cociñeiros de España e Europa, o requeixo da Capela será o protagonista o día 23 dun taller impartido pola cociñeira Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación (Cambre) e gañadora do premio “Cocinero del año”.

Beatriz Sotelo realizará un taller, no espazo da Consellería de Medio Rural, sobre “O requeixo na cociña de hoxe”, amosando a elaboración de diferentes receitas nas que o requeixo da Capela se converte en protagonista esencial. Os asistentes a este taller poderán, ademais, degustar as receitas elaboradas pola cociñeira.

Finalmente, o día 24 e na sala Auditorio, con capacidade para varios centos de persoas, desenvolverase a ponencia “Galicia: cociñeiros distantes, paisaxes distintos para un territorio culinario único”, na que Alfonso González (Casa Pendás, Narón), e María Varela (A Parada das Bestas, Palas de Rei, Lugo) amosarán a súa cociña. Nesta ponencia Alfonso Varela amosará algunhas receitas elaboradas con requeixo da Capela.

O requeixo da cooperativa Campo Capela é un produto moi especial, xa que segue producíndose con leite cru, como antigamente se facía nas casas, inda que agora coa máis moderna tecnoloxía, o que permite garantir o cumprimento de tódolos requisitos hixiénico sanitarios e de calidade.

Tradicionalmente o requeixo consumiuse en Galicia como sobremesa, adozado con azucre ou mel, pero o libro “Receitas con requeixo”, publicado pola cooperativa, demostra que pode ter multitude de usos diferentes, empregándose o mesmo para unha gran variedade de pratos doces como noutros pratos salgados. O libro, en formato pdf, pódese consultar no blog da Cooperativa: www.coopcapela.com/blog

Cabe salientar que o requeixo da Capela foi degustado polos asistentes ao congreso gastronómico Madrid Fusión 2009 na comida servida no mesmo por Beatriz Sotelo e o equipo do seu restaurante.

Ademais de requeixo, a cooperativa Campo Capela produce queixo fresco e queixo do país, así como manteiga e nata, todo elo elaborado con leite cru. A manteiga e a nata, resultantes do proceso de elaboración do requeixo son, xunto co requeixo mesmo, produtos únicos en Galicia polas súas especiais características.

14 Febrero 2010

Receitas con requeixo

Archivado en: Receitas — Etiquetas:, , , , — miguel @ 20:53

“Receitas con requeixo”, libro publicado pola Cooperativa Campo Capela, contén 18 receitas de cociñeiros profesionais, entre os que destacan as achegadas por Beatriz Sotelo , gañadora do concurso “Cocinero del Año” celebrado en 2008 en Barcelona, membro do Grupo Nove e chef do restaurante La Estación (Cambre, A Coruña), cunha estrela Michelín, e Pedro Roca, un dos mellores cociñeiros de Santiago de Compostela, onde se sitúa o seu restaurante “Pedro Roca”.

Tamén hai receitas da tapería Contrapunto (A Coruña) e de establecementos hostaleiros de A Capela, como a panadería Vilar de Mouros, restaurantes (Casa Peizás, A Palma, Casa Pepe, Casa Toñita, Mesón O Pazo) e casas de turismo rural (Casa Castoar, Casa A Lagoa). No libro tamén se recollen receitas presentadas por afeccionados ao concurso de sobremesas que cada ano ten lugar no concello de A Capela.

O requeixo da cooperativa Campo Capela é un produto moi especial, xa que segue producíndose con leite cru, como antigamente se facía nas casas, inda que agora coa máis moderna tecnoloxía, o que permite garantir o cumprimento de tódolos requisitos hixiénico sanitarios e de calidade.

Tradicionalmente o requeixo consumiuse en Galicia como sobremesa, adozado con azucre ou mel, pero “Receitas con requeixo” demostran que pode ter multitude de usos diferentes, empregándose o mesmo para unha gran variedade de pratos doces como noutros pratos salgados. Cabe salientar que o requeixo da Capela foi degustado polos asistentes ao congreso gastronómico Madrid Fusión 2009 na comida servida no mesmo por Beatriz Sotelo e o equipo do seu restaurante.

Ademais de requeixo, a cooperativa Campo Capela produce queixo fresco e queixo do país, así como manteiga e nata, todo elo elaborado con leite cru. A manteiga e a nata, resultantes do proceso de elaboración do requeixo son, xunto co requeixo mesmo, produtos únicos en Galicia polas súas especiais caracterísiticas.

A Cooperativa Campo Capela pon agora o libro, en formato pdf, a disposición de quen esteña interesado no mesmo. Picar aquí

24 Noviembre 2009

O requeixo de Campo Capela, en El Correo Gallego

Archivado en: Na prensa — Etiquetas:, , , , , — miguel @ 20:47

Campo capela ofreceu os días 20 e 21 de novembro unha degustación de requeixo para os clientes do Centro Comercial Compostela (Hipercor), de Santiago de Compostela.

A nova apareceu reflectida no diario local, El Correo Gallego, na súa edición do 22 de novembro.

1 Octubre 2009

Campo Capela, na revista Origen

Archivado en: Na prensa — Etiquetas:, , , , , , , , , — miguel @ 12:43

O número de setembro da revista Origen, editada en Madrid e dedicada aos produtos con denominación de orixe ou de especial calidade, dedica un amplo reportaxe á comarca do Eume e as súas producións, entre as que destaca os produtos da Cooperativa Campo Capela.

A reportaxe completa pódese ler de balde na web da revista.

4 Septiembre 2009

A Festa do Requeixo, protagonista nos medios de comunicación

Archivado en: Na prensa — Etiquetas:, , , , , , , , , — miguel @ 18:24

Os medios de comunicación galegos prestaron ampla atención á Festa do Requeixo da Capela, que tivo lugar o pasado domingo 30 de agosto.

Previamente Radio Voz emitiu en directo o Concurso de Receitas con Requeixo, que tivo lugar o venres 28 e do que deu boa conta La Voz de Galicia, xornal que tamén se fixo eco da Festa.

Diario de Ferrol levou de maneira destacada o éxito da festa á portada da edición do día 31 de agosto, e ata webs especializadas en maquinaria, como Tractor Galicia, se fixeron eco da mesma.

As emisoras de radio e televisión da comarca estiveron presentes na Festa e aproveitaron para facer diversas entrevistas aos seus protagonistas.

1 Septiembre 2009

PREGÓN DA FESTA DO REQUEIXO DA CAPELA 2009

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , , — miguel @ 18:11

A Capela, 30 de agosto de 2009

“Eu veño de aquí detrás. Pegan vostedes un chimpo, pasan por derriba do Forgoselo, sobre as minas das Pontes, o Xistral e o Cadramón e xa están no Valadouro, onde de neno moitas veces axudei a miña mai a colgar o saqueto do leite callado que ao día seguinte se convertería nun delicioso requeixo. Son pouco máis de 40 quilómetros en liña recta, inda que por estrada se multipliquen e precisemos preto de dúas horas para chegar alí.

O requeixo segue a ser un dos grandes postres do país. Son palabras de Alvaro Cunqueiro e coas que comeza o apartado dedicado a este produto no seu libro A Cociña Galega, escrito hai máis de 30 anos, e no que Cunqueiro, como moitos veciños da Capela, fala de requesón e non requeixo. (más…)

Entradas más antiguas »

Gestionado con WordPress