La cocina Delokos é o blog de cociña ovolacto vexetariana e ecolóxica máis importante de Galicia e unha auténtica referencia para tódolos interesados no mundo da cociña vexetariana.
Nun dos seus post escribe sobre o requeixo da Capela, recomendándoo a tódolos seus lectores.
“Os puedo decir que a mí me ha parecido prácticamente igual al que se podía consumir en las casas de forma artesanal. Una textura cremosa, ligeramente granulosa, con un profundo sabor a leche fresca” escribe o seu autor.
Os medios de comunicación galegos prestaron ampla atención á Festa do Requeixo da Capela, que tivo lugar o pasado domingo 30 de agosto.
Previamente Radio Voz emitiu en directo o Concurso de Receitas con Requeixo, que tivo lugar o venres 28 e do que deu boa conta La Voz de Galicia, xornal que tamén se fixo eco da Festa.
Diario de Ferrol levou de maneira destacada o éxito da festa á portada da edición do día 31 de agosto, e ata webs especializadas en maquinaria, como Tractor Galicia, se fixeron eco da mesma.
As emisoras de radio e televisión da comarca estiveron presentes na Festa e aproveitaron para facer diversas entrevistas aos seus protagonistas.