“Receitas con requeixo”, libro publicado pola Cooperativa Campo Capela, contén 18 receitas de cociñeiros profesionais, entre os que destacan as achegadas por Beatriz Sotelo , gañadora do concurso “Cocinero del Año” celebrado en 2008 en Barcelona, membro do Grupo Nove e chef do restaurante La Estación (Cambre, A Coruña), cunha estrela Michelín, e Pedro Roca, un dos mellores cociñeiros de Santiago de Compostela, onde se sitúa o seu restaurante “Pedro Roca”.
Tamén hai receitas da tapería Contrapunto (A Coruña) e de establecementos hostaleiros de A Capela, como a panadería Vilar de Mouros, restaurantes (Casa Peizás, A Palma, Casa Pepe, Casa Toñita, Mesón O Pazo) e casas de turismo rural (Casa Castoar, Casa A Lagoa). No libro tamén se recollen receitas presentadas por afeccionados ao concurso de sobremesas que cada ano ten lugar no concello de A Capela.
O requeixo da cooperativa Campo Capela é un produto moi especial, xa que segue producíndose con leite cru, como antigamente se facía nas casas, inda que agora coa máis moderna tecnoloxía, o que permite garantir o cumprimento de tódolos requisitos hixiénico sanitarios e de calidade.
Tradicionalmente o requeixo consumiuse en Galicia como sobremesa, adozado con azucre ou mel, pero “Receitas con requeixo” demostran que pode ter multitude de usos diferentes, empregándose o mesmo para unha gran variedade de pratos doces como noutros pratos salgados. Cabe salientar que o requeixo da Capela foi degustado polos asistentes ao congreso gastronómico Madrid Fusión 2009 na comida servida no mesmo por Beatriz Sotelo e o equipo do seu restaurante.
Ademais de requeixo, a cooperativa Campo Capela produce queixo fresco e queixo do país, así como manteiga e nata, todo elo elaborado con leite cru. A manteiga e a nata, resultantes do proceso de elaboración do requeixo son, xunto co requeixo mesmo, produtos únicos en Galicia polas súas especiais caracterísiticas.
A Cooperativa Campo Capela pon agora o libro, en formato pdf, a disposición de quen esteña interesado no mesmo. Picar aquí