A quinta edición do concurso de Receitas con Requeixo de A Capela celebrouse o 27 de agosto, co seguinte resultado:
Receitas doces
1º premio; Santiago Fernández cunha tarta de froitas e requeixo
2º premio: Marta Soto cunha tarta de peras e requeixo
Receitas salgadas
1º premio: Marta Soto cun pastel de verduras
2º premio: Rocio Permuy cun cabaciño recheo de requeixo
O xurado estivo composto por Tomás Alonsom, presentador do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, Manuela Permuy, presidenta da Cooperativa da Capela, Final Casal, do restaurante A Palma no que tivo lugar o concurso, e Ángeles, da panadería Vilar de Mouros.
Nas fotografías, o prato que conseguiu o primeiro premio na categoría de doces e os premiados en ambas categorías en compañía de Tomás Alonso.
O blog La cocina delokos, un dos referentes en España en canto a cociña vexetariana, publica unha estupenda receita de pizza de requeixo, espinacas e piñóns elaborada con requeixo da Capela, tal como indica o autor, que noutro post do mesmo blog fala do noso requeixo, afirmando; “En fin, un producto estupendo, típico gallego, cuasi artesanal y con sabor auténtico.”
Foto: La cocina delokos
Autor: Pedro Roca. Restaurante Pedro Roca (Santiago de Compostela)
Ingredientes:
800 gramos de requeixo da Capela
500 gramos de pasta Kataif
50 gramos de manteiga de A Capela derretida
100 gramos de pistachos pelados e torrados
2 claras montadas a punto de neve
150 gramos de azucre
2 decilitros de auga
a pel dunha laranxa
2 culleradas de auga de azahar
follas de hortelá
azucre glasé
Preparación
Desfacer a madeixa de pasta kataif procurando non romper os fíos. Mesturar coa manteiga derretida e forrar un molde ou unha bandexa que despois se poida levar á mesa coa metade da pasta estirándoa ben e tapando o fondo.
Montar lixeiramente o requeixo e incorporarlle as claras montadas. Depositar a mestura sobre a pasta do molde e cubrila coa outra metade de pasta kataif, encerrando totalmente a mestura de requeixo e claras.
Meter no forno quente a 200º ata que estea dourada.
Mentres facer un xarope co azucre, a auga, a pel de laranxa e a auga de azahar.
Montaxe
Unha vez sacada a kinafa do forno móllase co xarope, poñense os pistachos encima, espolvorease con azucre glasé e decórase cunhas follas de hortelá.
A presentación do libro “Receitas con requeixo” realizouse hoxe nas instalacións da Cooperativa Campo Capela, con presenza de numerosos socios e autores de receitas. Para o acto contamos coa asistencia do Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que se declarou partidario do requeixo de A Capela sen máis engadido que un pouco de azucre.
Na presentación tamén participaron o Alcalde de A Capela, Ángel López Sueiro, a Presidenta da Cooperativa, Manuela Permuy, e o coordinador do libro, o xornalista e escritor gastronómico Miguel Vila.
Tódolos autores de receitas participantes no libro recibiron un diploma acreditativo.
Ao remate do acto serviuse un viño acompañado de petiscos elaborados con produtos da Cooperativa.
Foto: www.dicoruna.es
Dúas das principais webs gastronómicas do país, Galicia Gastronómica (do grupo do xornal lucense El Progreso) e Vigo Gastronómico, recollen hoxe ampla información sobre a presentación do libro “Receitas con requeixo” e a presentación que terá lugar hoxe na sede da Cooperativa.
“Receitas con requeixo“, o libro editado pola Cooperativa Campo Capela, recolle 32 receitas nas que o requeixo é un dos ingredientes fundamentais, ofrecendo unha ampla selección de receitas doces e salgadas, ademais do uso tradicional do mesmo.
No libro teñen cabida receitas de grandes chefs galegos, como Beatriz Sotelo, gañadora do concurso Cocinero del Año, celebrado en Barcelona en 2008, ou Pedro Roca, propietario e chef do restaurante que leva o seu mesmo nome, un dos de máis prestixio de Santiago de Compostela.
O libro inclúe tamén unha selección de receitas de tódolos restaurantes existentes no termo municipal de A Capela, incluídas as casas de turismo rural e a panadería, que tamén emprega o requeixo nas súas elaboracións.
Finalmente, “Receitas con requeixo” recolle un bo número de receitas de particulares, presentadas nas tres primeiras edicións do concurso de receitas con requeixo que cada ano ten lugar na Capela, e que este ano chegará á súa cuarta edición.
O blog Diario del Gourmet de Provincia y el Perro Gastronómo, gañador en 2008 do premio de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro na súa categoría, dedica hoxe un amplo post ao libro “Receitas con requeixo”.
Moi interesantes son so comentarios dos lectores, onde podemos descubrir que en Holanda teñen un produto semellante, o hangop, nome que se refire ao acto de colgar o leite callado para escorrelo