Blog de Cooperativa da Capela

15 Febrero 2010

O REQUEIXO DE A CAPELA, PROTAGONISTA NO FORUM GASTRONÓMICO

Archivado en: Actualidade — Etiquetas:, , , , , , — miguel @ 11:06
  • Beatriz Sotelo realizará un taller con degustación sobre “O requeixo na cociña de hoxe” no que empregará requeixo de A Capela
  • O noso produto tamén estará na presente na ponencia de Alfonso González, de casa Pendás
  • O domingo haberá unha degustación no espazo da Consellería de medio RuralO requeixo da Capela tamén estará entre os produtos do Eume que protagonicen o taller Comarca do Eume, naturaleza, patrimonio e gastronomía

O requeixo da Cooperativa da Capela terá un protagonismo especial no Forum Gastronómico que se celebra en Santiago de Compostela do 20 ao 24 de febreiro, co degustacións, demostracións de elaboración de pratos con requeixo e a súa inclusión entre os produtos que se van empregar nunha das ponencias do congreso profesional que se desenvolve no marco do Forum.

O día 21 de febreiro, ás seis da tarde, haberá unha degustación de requeixo da Capela no marco do espazo da Consellería de Medio Rural. Trátase dunha actividade aberta ao público, posto que este día o Forum Gastronómico abre as súas portas a todo aquel que desexe participar no mesmo.

O mesmo día 21 o requeixo da Capela estará entre os produtos da comarca do Eume que protagonizarán o taller “Comarca do Eume, naturaleza, patrimonio e gastronomía”.

Xa no marco do Congreso profesional, que reunirá aos mellores cociñeiros de España e Europa, o requeixo da Capela será o protagonista o día 23 dun taller impartido pola cociñeira Beatriz Sotelo, do restaurante A Estación (Cambre) e gañadora do premio “Cocinero del año”.

Beatriz Sotelo realizará un taller, no espazo da Consellería de Medio Rural, sobre “O requeixo na cociña de hoxe”, amosando a elaboración de diferentes receitas nas que o requeixo da Capela se converte en protagonista esencial. Os asistentes a este taller poderán, ademais, degustar as receitas elaboradas pola cociñeira.

Finalmente, o día 24 e na sala Auditorio, con capacidade para varios centos de persoas, desenvolverase a ponencia “Galicia: cociñeiros distantes, paisaxes distintos para un territorio culinario único”, na que Alfonso González (Casa Pendás, Narón), e María Varela (A Parada das Bestas, Palas de Rei, Lugo) amosarán a súa cociña. Nesta ponencia Alfonso Varela amosará algunhas receitas elaboradas con requeixo da Capela.

O requeixo da cooperativa Campo Capela é un produto moi especial, xa que segue producíndose con leite cru, como antigamente se facía nas casas, inda que agora coa máis moderna tecnoloxía, o que permite garantir o cumprimento de tódolos requisitos hixiénico sanitarios e de calidade.

Tradicionalmente o requeixo consumiuse en Galicia como sobremesa, adozado con azucre ou mel, pero o libro “Receitas con requeixo”, publicado pola cooperativa, demostra que pode ter multitude de usos diferentes, empregándose o mesmo para unha gran variedade de pratos doces como noutros pratos salgados. O libro, en formato pdf, pódese consultar no blog da Cooperativa: www.coopcapela.com/blog

Cabe salientar que o requeixo da Capela foi degustado polos asistentes ao congreso gastronómico Madrid Fusión 2009 na comida servida no mesmo por Beatriz Sotelo e o equipo do seu restaurante.

Ademais de requeixo, a cooperativa Campo Capela produce queixo fresco e queixo do país, así como manteiga e nata, todo elo elaborado con leite cru. A manteiga e a nata, resultantes do proceso de elaboración do requeixo son, xunto co requeixo mesmo, produtos únicos en Galicia polas súas especiais características.

Gestionado con WordPress