PASTEL DE REQUEIXO CON PIÑA

pastel_requeixo.jpgIngredientes:

500 gramos de requeixo
de A Capela
1 bote de piña
500 gramos de nata
150 gramos de manteiga
Reladura e zume de limón
6 follas de xelatina
3 culleres de azucre
1 sobre de xelatina de piña
250 gramos de galletas
tostadas

Autora: María Jesús Seco Fernandez 

Elaboración da base:

Triturar as galletas, quentar un pouquiño a manteiga e mesturar coas galletas
e coa reladura de limón.
Formar unha pasta e cubrir a base dun molde desmontable.
Elaboración da tarta
Bater a nata e mesturar ben co requeixo e o azucre.
No zume de limón disolver as dúas xelatinas.
Mesturar coa nata, requeixo e azucre e botar encima da base de galletas.
Meter no frigorífico un mínimo de 6 horas.
 
Siguiente >