| TEMPURA DE VERDURAS CON CREMA DE REQUEIXO Á MOSTAZA |
Ingredientes:Requeixo da Capela Verduras Fariña de tempura Auga Mostaza de Dijon Iogur Sal Pemento doce Reladura de laranxa Elaboración: Cortar as verduras en bastonciños (pemento vermello, cabaciño , porro, espárrago trigueiro). Preparar a tempura con auga e fariña para tempura. Pasar as verduras pola tempura e fritilas en aceite quente. Aparte mesturar requeixo, mostaza de Dijon, iogur, sal, pemento doce e por último a reladura de laranxa. Presentación: Colocar as verduras acompañadas coa salsa nunha salseira aparte. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|


Ingredientes: