| SEMIFRÍO DE REQUEIXO |
|
Autora: Almudena Bello Gómez Elaboración:Picar as galletas e mesturalas coa manteiga abrandada e dúas follas de xelatina hidratadas (somerxelas nun cazo con auga fría ata que estean brandas) e desfeitas nun pouco de nata. Mesturar ben ata formar unha masa homoxénea. Untar un molde desmontable con manteiga e no fondo do mesmo estender unha boa capa da masa das galletas, a modo de base. Aparte, nun bol semimontar a nata co azucre e a reladura dun limón, batendo ata xuntar todo moi ben. Hidratar o resto da xelatina (oito follas) e desfacelas na nata, poñéndoa nun cazo a lume lento e sen deixar de remover. Deixar arrefríar un pouco e engadila á mestura do requeixo pouco a pouco. Bater ben a mestura e botala sobre a base de galletas. De seguido metela na neveira e deixar na mesma un mínimo de 10 horas. Desmoldar e decorar por derriba coa marmelada de amorodo. Meter de novo no frío ata |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


Ingredientes: