CONCURSO DE RECEITAS CON "REQUEIXO DA CAPELA BASES DA IV EDICIÓN 2009"
O vindeiro 30 de agosto dará comenzo a XXI Festa do Requeixo, con Leilia, As Cantareiras de Ardebullo, trio Vaamonde,... e moitos máis.
Como outros anos continuamos co concurso de Receiras con Requeixo da Capela.


1. Poderán participar tódolos afeccionados á cociña que o desexen, sexan residentes ou non no Concello de A Capela. Tódolos pratos presentados terán como ingrediente principal o "requeixo da Capela"

2. Haberá dúas categorías: pratos salgados e pratos doces.

3. Non poderán optar a concurso as receitas publicadas no libro "Recetas con Requeixo".

4. Os pratos deberán presentarse en prato ou bandexa aptos para o efecto e nas condicións hixiénicas apropiadas.

5. Cada prato irá acompañado dos datos da persoa que o presenta (nome, apelidos, enderezo e teléfono), o nome do prato e a receita completa do mesmo (ingredientes, modo de preparación, presentación, etc.)e a categoría na que participa (salgado ou doce), dentro dun sobre en branco e pechado. Asinaráse a cesión da receita a favor do Concello da Capela e a Coop. De Ptres. Do Campo de Capela. A organización poderá reproducir as receitas que considere convinte en libros ou calquera outra publicación, en soporte papel, electrónico, audiovisual ou calquera outro.

6. A persoa que presenta o prato indicará no momento de entregalo en que categoría participa. A cada prato adxudicaráselle un número no mesmo intre da súa recollida, o mesmo que levará o sobre que o acompañe e que se lle dará á persoa que o presenta. O sobre pegaráse no fondo do recipiente presentado.

7. Os pratos presentaránse rematados o día 28 de Agosto, antes das 11,00 horas, en "Casa Peizás", Estoxa, A Capela.

8. O xurado valorará de O a 5 os seguintes aspectos de cada receita presentada a concurso: · Presentación · Sabor · Orixinalidade · Relevancia do requeixo no conxunto do prato

9. A receita salgada que obteña a maior puntuación dentro do seu apartado será proclamada "Mellor receita salgada con requeixo 2009"

10. A receita doce que obteña a maior puntuación dentro do seu apartado será proclamada "Mellor receita doce con requeixo 2009"

11. As receitas segundas clasificadas de cada categoría serán proclamadas "Finalista mellor receita con requeixo 2009"

12. PREMIOS: 1º premio de cada categoría: 10 sesións de SPA termal. Finalistas: Cesta bodegón Todos os participantes recibirán un agasallo

13. O xurado estará composto por cinco persoas. A identidade do xurado comunicaráselle ós participantes o día 28 ás 11,00 h . no local de  celebración do concurso. O xurado poderá declarar deserto un ou máis premios. A decisión do xurado é inapelable.
 
14. O incumprimento de calquera punto das bases supón a exclusión do concurso. O feito de participar no concurso supón a aceptación destas bases.

15. Para participar chamar ao teléfono do Concello de A Capela 981459006, de 8,30 a 14,30 h. de luns a venres.

jpg CARTEL IVconcurso recetas 83.11 Kb

jpg CARTEL FESTA DO REQUEIXO 155.52 Kb

 

 
< Anterior   Siguiente >
 
Cooperativa do Campo da Capela, S.C.G - Os Calzados, s/n. 15613 A Capela. A Coruña - Telf.: 981 45 90 28 - info@coopcapela.com